Arteixo volve a ser sede das proxeccións das películas nominadas aos premios Mestre Mateo.
O auditotio do Centro Cívico acolle este venres a proxección de «Cuñados», unha cinta dirixida por Toño López e protagonizada por Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernández, María Vázquez, Iolanda Muíños, Mela Casal e Manuel Cortés.
A longametraxe conta a historia de Eduardo e o seu cuñado Sabonis que acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen atope a solución ao problema, secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os engañou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un euro polo seu cuñado.