Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O CiM programa un mes completo de actividades con motivo do 8M

/ O CiM programa un mes completo de actividades con motivo do 8M

/ O CiM programa un mes completo de actividades con motivo do 8M

Actividades culturais, de concienciación e debate conforman a programación que, con motivo do Día Internacional da Muller, deseñou o Concello de Arteixo a través do Centro de Información ás Mulleres.

Este departamento xa traballa durante todo o ano nun programa de formación en igualdade e prevención da violencia machista en todos os centros educativos. Cada 8 de marzo súmanse a este traballo anual, unha serie de actividades que pretenden visibilizar ese traballo e apoiar, de forma explícita, as reivindicacións da xornada.

O Centro Tecnolóxico acolle o día 8 a VII Xornada Arteixo Activo…en feminino. Trátase dunha mesa redonda na que o tema principal será á «sororidade», termo empregado para denominar á relación de solidariedade entre mulleres, especialmente no referido ao empoderamento. Contará coa participación de Mª Jesús Olivares Rodríguez: traballadora social feminista; Ana Ramos Ramos: representante da delegación de Galicia da asociación de mulleres do sector público; e con participantes do grupo de Crecemento: Entre Mulleres.

A continuación realizarase a entrega do recoñecemento «Muller de Arteixo 2023» á asociación cultural Faíscas.

Para acudir a dito evento é preciso confirmar asistencia a través do CIM no 981601415 ou mediante o enderezo electrónico muller@arteixo.org.

A programación comeza o próximo 6 de marzo co reparto de material «Os Bolechas visitan o CIM de Arteixo«, entre o alumnado de 4º de Infantil dos Centros Educativos do concello.

 

 

Ir al contenido