Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo pon marcha un programa de actividade física para mulleres con cancro

/ Arteixo pon marcha un programa de actividade física para mulleres con cancro

/ Arteixo pon marcha un programa de actividade física para mulleres con cancro

O Centro de Información ás Mulleres e a Concellería de Deportes poñen en marcha un novedoso proxecto de actividade física para mulleres con cancro co que se pretende mellorar a calidade de vida das mulleres que estean pasando por un proceso oncolóxico contribuíndo a paliar os efectos secundarios do tratamento grazas ao traballo individualizado, personalizado e coas adaptacións precisas para lograr que cada día se sintan mellor a todos os niveis.

As inscricións ábrense  o 3 de abril a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Arteixo.

As clases terán lugar nas instalacións da Piscina Municipal de Meicende cada Martes e Xoves de 11h a 12h con Lucía Noya Casas, Graduada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, colexiada 63.457 e experta na materia.

Tras a inscripción, a educadora física fará unha valoración inicial individual para a posterior incorporación ao adestramento en grupo en unha das salas do ximnasio, no cal se realizarán os exercicios individualizados e adaptados a cada persoa.

O diagnóstico de cancro ten un impacto negativo na calidade de vida das mulleres motivado non só pola propia enfermidade se non polos efectos secundarios dos tratamentos. Hai diferentes síntomas que poderían chegar a cronificarse e precisar tratamento como a fatiga, sofocos, trastornos do soño, alteracións na concentración e memoria, linfedema, alteracións na imaxe corporal, aumento de peso, etc. O sobrepeso ou a obesidade é un factor de risco relevante non só para desenvolver un cancro, se non tamén pode empeorar o pronóstico do tumor unha vez que este foi diagnosticado. A maiores convén facer mención a cardiotoxicidade asociada ao tratamento, como hipertensión, ritmos cardíacos anormais ou insuficiencia cardíaca que poden aparecer anos ou incluso décadas despois de que o tratamento termirase.

Todo isto pode mellorar grazas a actividade física, pois son moitos os estudos que mostran que as mulleres fisicamente activas teñen un risco menor de cancro así como de ser recidivas que as mulleres inactivas aumentando a supervivencia.

Para máis información poden achegarse ao CIM de Arteixo ou contactar no teléfono 981 60 14 15.

Ir al contenido