Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O CIM leva aos institutos de Arteixo charlas acerca dos perigos da violencia de xénero no mundo dixital

/ O CIM leva aos institutos de Arteixo charlas acerca dos perigos da violencia de xénero no mundo dixital

O personal técnico do Centro de Atención a Muller do concello de Arteixo e a concelleira de Servicios Sociales, Inés Ramos, visitaron o IES Manuel Murguía de Arteixo co motivo da realización do obradoiro educativo: “Violencia de xénero e o novo contexto dixital”, que se impartiu nas aulas de 1º de Bacharelato.

Esta actividade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade realizouse con anterioridade no IES de Sabón e ten como obxectivo a prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital, ofrecendo medidas para previr conflitos e adquirir competencias en materia de igualdade.

Este tipo de accións formativas son parte de un programa de concienciación entre a xuventude de Arteixo sobre a violencia de xénero que ten en outras ferramentas a posta en marcha da aplicación dixital «Conecta CON SENTIMENTO».

Trátase dunha APP con información e recursos acerca da violencia de xénero dirixida principalmente á xuventude de Arteixo, que pode ser descargada nas plataformas de iOS e Android. O obxectivo desta aplicación é a abordaxe e a detección de indicadores de abuso nas relacións de parella, dos mitos do amor romántico e da importancia de manter relacións igualitarias e libres de machismo.

A aplicación permite que a rapazada poida analizar de xeito anónimo e por si mesmos/as ás súas relacións de parella e tirar as oportunas conclusións. Dispón dun apartados de suxestións e consultas directas co CIM que serán tratadas de xeito totalmente confidencial. Conta tamén cun apartado onde se recollen os outros recursos aos que acudir no caso de ser preciso.

O Centro de Información ás Mulleres do concello de Arteixo tamén iniciou un novo Programa de Atención a Menores que viven situacións de violencia de xénero. É un programa dirixido a familias usuarias do CIM, que contempla:

– A atención ás mulleres de maneira individual e grupal
– A atención individual a fillos e fillas.

Con este programa tratase de dar resposta á necesidade de intervención psicolóxica cas nenas e nenos que viven ou viviron violencia de xénero nas súas familias, tendo en conta o impacto que esto causa no seu benestar psicolóxico presente e no seu desenvolvemento futuro, para o cal cóntase cunha psicóloga especialista na atención a menores vítimas.

 

 

Ir al contenido