Autoestima, relacións de parella, saúde física e mental; ruputuras ou cambios. Todo iso ten cabida en «Entre Mulleres» unha iniciativa do CIM onde todas as mulleres de Arteixo teñen cabida.
A iniciativa, que xa comezou a súa andadura o pasado curso, pretende ser un espazo de reflexión, para pensar, pero tamén para para divertirse, falar, apoiarse e aprender.
O grupo, para o que se dispoñen 20 prazas, reúnese o último mércores de cada mes na Aula do CIM de 16.30 a 18.30h.
As interesadas poden facer a preinscrición ata o 17 de outubro. No caso de haber máis solicitudes farase un sorteo o día 21 de outubro ás 13.00 no CIM.