Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Ciclo Mestre Mateo trae a Arteixo A Virxe Roxa

/ O Ciclo Mestre Mateo trae a Arteixo A Virxe Roxa

O cine volve a Arteixo da man do Ciclo Mestre Mateo no que o noso Concello participa xunto con outros tres concellos galegos. Trátase dunha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual en colaboración coa Deputación da Coruña, entre outros organismos oficiais. Unha proposta piloto que durante 2022 proxecta os 4 filmes finalistas da categoría de mellor película do ano e os 4 documentais finalistas da categoría mellor documental do ano.

O sábado 23 de abril ás 20:00 h, o auditorio de Arteixo acolle a proxección de A Virxe Roxa, un documental que conta un suceso que conmocionou á sociedade española dos anos 30 do século pasado, protagonizado por Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart, unha moza que con só 18 anos se convertiu nunha das feministas máis destacadas da Segunda República Española, pero que pasaría á historia por ser asasinada a mans da súa nai.

O documental, dirixido por Marcos Nine, conta con Amalia Mato e Chema Gagino, responsables da idea orixinal, na produción executiva. Ademais de gañar o premio ao Mellor documental, tamén foi finalista na categoría de Mellor montaxe e resultou premiado en festivais internacionais como DOCA ou Blackboard.

Ir al contenido