Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Centro Dramático Galego visita Arteixo cunha versión da Odisea

/ O Centro Dramático Galego visita Arteixo cunha versión da Odisea

A cita cultural da semana en Arteixo pasa pola visita ilustre do Centro Dramático Galego.
Será o venres 10 de decembro ás 20h no Auditorio do Centro Cívico e Cultural. En escena unha versión libre da Odisea, traspasada a un contexto transatlántico: do mar ao océano. De Ítaca a Galicia.
Está dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso e foi estreada pola compañía pública en xaneiro de 2021.
O Centro Dramático, creado no ano 1984, é a unidade da Xunta de Galicia dedicada á produción e distribución de espectáculos teatrais.
As entradas pódense adquirir, por3 e 4€ na billeteira do CCC de 11.30 h a 13.30 h e dúas horas antes do comezo da función.
Ir al contenido