Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Centro de Información á Muller recupera os talleres presenciais para mulleres coidadoras

/ O Centro de Información á Muller recupera os talleres presenciais para mulleres coidadoras

O obxectivo é ser un apoio puntual de cara a mellorar a calidade de vida das coidadoras de maiores, menores ou peroas con discapacidade,; e minimizar as problemáticas nas tarefas de coidado e tamén proporcionar un tempo de espazo propio para elas.

A concellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación do concello de Arteixo a través do CIM e coa colaboración de Fundación Mujeres, pon en marcha varios talleres dirixidos a mulleres coidadoras.

Máis do 80% das persoas coidadoras son mulleres. Fillas, esposas ou nora. Os coidados de persoas dependentes afectan á saúde física, psicolóxica e ó benestar social das persoas coidadoras.

Serán cinco sesións adicadas a diversas temáticas.

– Taller de saúde e autocoidado: 3 sesións

– Taller de xestión do tempo: 1 sesión

-Taller de relaxación: 1 sesión

Todos os talleres levaranse a cabo no CiM os xoves en horario de 16 a 18 h

Comezan o 7 de outurbo e o prazo para inscribirse finaliza o próximo 30 de setembro.

Para poder participar é preciso anotarse previamente no CIM en horario de atención ao público de luns a venres entre as 9 e as 14 h. Martes, mércores e xoves tamén polas tardes entre as 16  e as 19 horas. Máis información no 981 601415

Folla de Inscrición

 

 

Ir al contenido