O CiM municipal contabiliza en 2020 44 menores afectados por situacións de violencia de xénero na súa familia.
No inicio das actividades do novo curso o Centro de Atencións ás Mulleres, e tendo en conta a demanda actual, pon en marcha un Programa de Atención a Menores que viven situacións de violencia de xénero.
Trátase dunha iniciativa dirixida a familias usuarias do CIM e que contempla a atencións ás mulleres de maneira individual e grupal; e a atención individual a fillos e fillas.
O obxectivo é dar resposta á necesidade de intervención psicolóxica coas nenas e nenos que viven ou viviron violencia de xénero nas súas familias, tendo en conta o impacto que esto causa no seu benestar psicolóxico presente e no seu desenvolvemento futuro, para o cal contamos cunha psicóloga especialista na atención a menores vítimas.
A violencia de xénero tamén ten como vítimas directas ou vicarias, os fillos e fillas, e con esta atención trátase de paliar os seus efectos.
Para a optimización da intervención as nais reciben atención de maneira individual e a través dun grupo de apoio para vítimas de violencia vicaria, aquela que siguen exercendo os pais maltratadores sobre os fillos e fillas comúns co obxetivo de controlar e danar á nai.
O equipo do CiM xa iniciou o seu traballo esta semana. Está composto por dúas psicólogas que realizan as intervencións, a asesora xurídica e a traballadora social coordinadas pola concelleira de Igualdade, Benestar Social, Sanidade e Educación, Inés Ramos