A Capela do Balneario acolle este venres 30 de agosto unha nova edición das Noites de Cine programadas pola concellería de cultura. Ás 22.30h proxéctase Matria, unha cinta premiada no Festival de Málaga que conta a historia de Ramona, unha traballadora galega que loita polo seu porvir, por crecer persoalmente e por romper con todas as barreiras que a asfixian.
O sábado 31 Arteixo acolle a presentación de Poscoito, de Héctor Rodríguez. Será na Capela do Balneario ás 20.30h e as invitacións, máximo dúas por persoa, pódense obter aquí.
A presentación consistirá na proxección de tres episodios da serie, un coloquio co director e outro membro do equipo, sorteo de merchandaising da serie e regalos porporcionados por empresas colaboradoras.
Poscoito é unha serie dixital que retrata as diferentes situacións e conflitos que poden darse despois de ter sexo. É un proxecto necesario que rompe con tabús, normaliza, visibiliza e pon o foco en temas sobre a sexualidade e relacións humanas.