Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Apóstolo 2021 non terá verbenas pero sí haberá música

/ O Apóstolo 2021 non terá verbenas pero sí haberá música

O incremento dos casos de COVID nas últimas datas fai que o concello decida, por segundo ano, prescindir das tradicionais verbenas das Festas de Santiago, as máis importantes das que se celebran ao longo do no en Arteixo.

O departamento de cultura elaborou unha programación musical «alternativa» que ademáis estará suxeita á limitación de aforos e será necesario, en todos os casos, recoller previamente as invitacións.

As actuación comezarán o día 23 ás 20 h cun miniconcerto no anfiteatro. Trátase de “A lingua galega na música Rap” de GARCÍA MC acompañado dun DJ.

O sábado 24 haberá, tamén no anfiteatro, un musical a cargo de Pedro Brandariz. Para todos os públicos ás 19.30 h. Ese mesmo día, poderemos ir ao cine dende o coche. Autocinema ás 22.30 h no Aparcamento do campo de fútbol.

O domingo 25 amanecemos con Dianas e alboradas a cargo de 3 grupos de gaitas da  AX Xiradela e animación pola rúa con Barafunda dende as 19.30 h. A arte das esculturas con globos levada a súa máxima expresión.

Ás 21.00 h , no Campo de Festa, asistimos a Un Show Extraordinario” con César Romero e Paco Lodeiro;  e a actuación doutras voces da verbena galega.

A programación chega ata o luns 26 de xullo con un espectáculo de circo, ás 19.30 h no anfiteatro. Trátase de “Distans” de Vol’e Tems, unha cita coa excelencia técnica, escenográfica, acrobática, e humorística.E con multitude de premios internacionais

Ás 22 h no campo da festa volve a música con «Great Straits» como homenaxe á mítica banda liderada por Mark Knopfler

As festas finalizan o martes 27 co espectáculo do Mago Antón, «A volta a Galicia en 313 concellos». Será ás 12 h diante do CCC de Arteixo;

Programa Completo

 

 

Ir al contenido