O 30 de novembro de 2023 o Pleno da corporación aprobou, por unanimidade, nomear ao Centro Cívico Cultural de Arteixo como Centro Cívico Cultural de Arteixo Manuel Murguía, o lugar de referencia e o máis identificado co movemento cultural e co eido literario galego do municipio.
Co gallo dos 25 anos dende a súa inauguración o 8 de maio de 1999, a fachada do Centro Cívico Cultural de Arteixo será rotulada co nome do Patriarca das Letras que descubriremos con motivo da Gala de Entrega de Premios do Certame Manuel Murguía.
Os actos estarán amenizados por distintas agrupacións musicais, coa actuación estelar de Paty Lesta & Cristian Leggiero en formato dúo de piano e voz que interpretarán estándares de jazz, soul, pop español tradicional e música tradicional galega versionada en clave de jazz.
É o eixo principal da programación cultural de primavera que ata o mes de xuño próximo encherá de teatro, poesía, literatura, música e exposicións os centros culturais do municipio. A programación completa pódese consultar no seguinte enlace