Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > NOVAS INSCRICIÓNS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

/ NOVAS INSCRICIÓNS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

O Servizo Municipal de Deportes comunica as prazas vacantes nas escolas deportivas municipais para o vindeiro curso 2022/2023. A continuación lembramos que para solicitar as prazas vacantes deberase seguir o seguinte procedemento:

NOVAS INSCRICIÓNS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Prazo de preinscrición: do 1 ao 15 de agosto

o    O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.

o    No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.

 Exposición de persoas preinscritas: 18 de agosto na páxina web municipal.

 Sorteo público: 22 de agosto ás 11:00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo

 Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 24 de agosto na páxina web municipal.

 Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (1 ao 16 de setembro) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza. Deberán achegarse a folla de inscrición e recibo de pagamento.

De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións libres a partir do 1 de outubro. O calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (https://arteixo.org/servizos/pagos-online).

Prazas vacantes a día da publicación

Ir al contenido