O departamento de Participación Cidadá pon en marcha diferentes actividades en inglés e informáticapara adultos, preferentemente empadroados en Arteixo.
Ofértase un curso de inglés básico os luns e mércores de 10:00 a 11:30 h. na aula do campo de fútbol de Pastoriza; e un curso de conversación de inglés os luns e mércores de 20:15 a 21:45 h no local social Maestro Mateo en Arteixo. Ambos teñen unha duración de 30 horas e un ciste de 15 euros.
Tamén ofrécese un curso de informática en Arteixo que se desenvolverá os martes e mércores en A Baiuca de 19:30 a 21:00 h Serán 30 horas de duración e costa 30€.
Ademáis ofértase un obradoiro de smartphones e teléfonos móbiles en A Baiuca, Barrañán, O Rañal e Uxes. Todos duran 20 horas e costan 20 euros.
O prazo de inscrición en todos os casos termina o 2 de marzo. Os interesados deben enviar a folla inscrición do curso de inglés ou a folla de Inscrición do curso de informática e smartphones, según o caso, a participacion.cidada@arteixo.org
Para os obradoiros de inglés poden inscribirse a través deste formulario
As persoas empadroadas en Arteixo terán preferencia, en caso de ser necesario sorteo realizará o luns 6 de marzo ás 9:00 h. no Pazo dos Deportes de Arteixo.
O período de matriculación e pago será do 7 ao 9 de marzo