«A danza do verán» é un espectáculo de música en directo con danza, elementos teatrais e de clown dirixido especialmente aos máis pequenos. Chega a Arteixo este xoves, 30 de maio.
A cita será ás 19h no auditorio do CCC Manuel Murguía.
O venres 31 de maio chega o turno do teatro da man da compañía Opaí Teatro Canido que presentan «De marzo a marzo» unha peza sobre os tráxicos sucesos de 1972, durante as mobilizacións obreiras que se saldaron coa morte dos traballadores de Bazán Daniel Néboa e Amador Rey.
Será ás 20h.