O obxectivo é facilitar e fomentar a participación en cada unha das actividades organizadas con motivo do 8M. o Centro de Información á Muller habilita varios espazos on-line, un por cada unha das actividades, para que as persoas interesadas podan inscribirse cómodamente sen necesidade de desplazarse.
- 9 Marzo
De 19.30 a 21.00 no CIM terá lugar o taller de “Novas masculinidades emerxentes” , esta formación ten como obxectivo, o fomento de referentes masculinos diversos e o desenvolvemento de masculinidades alternativas ás que normalizan comportamentos sexistas adquiridos pola socialización diferencial.
Para asistir a este talle é preciso inscribirse previamente a través do CIM no 981601415, ou enviando unha mensaxe a muller@arteixo.org.
- 11 Marzo
Ás 17.00h no local Municipal de Educación levarase a cabo un taller de “SORORIDADE E DANZA TAHITIANA”, dirixido a todas as mulleres que desexen participar, sen límites de idade, tal e como se imparten nas illas do Pacífico. Entendendo a danza é vida, é emoción e sororidade, a través do baile descubrímonos, mirándonos e amosándonos ante as demáis tal e como somos.
Para asistir a este talle é preciso inscribirse previamente a través do CIM no 981601415, ou enviando unha mensaxe a muller@arteixo.org.