Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Monicreques para os máis pequenos na cita cultural da semana

/ Monicreques para os máis pequenos na cita cultural da semana

A compañía madrileñaEl Retablo visitará hoxe o Auditorio do CCC de Arteixo «Manuel Murguía» ás 18:30 h cun espectáculo de teatro e monicreques dirixida a público infantil «Mermelhada».
No país das fadas, onde todo é fabuloso, vive a pequena Mermelhada, unha fada bondadosa que sempre intenta facer boas accións, pero, moitas veces, sáenlle mal… Desencantada coa súa condición de fada, achégase a unha bruxa para que lle aprenda trucos e secretos de sabedoría ancestral. Xuntas enfrontaranse a desafíos extraordinarios e descubrirán onde reside o verdadeiro poder da maxia.

Da man de Pablo Vergne, recoñecido creador especializado en espectáculos para público familiar, títeres, obxectos e sombras crean esta tenra historia de maxia e amizade que nos convida a cambiar a mirada dos contos de fadas.

Entradas á venda aquí

Ir al contenido