A cita cultural da semana trae a Arteixo a producción galego portuguesa da compañía Tanxarina «Territorios de liberdade», un espectáculo de monicreques que explora o concepto de liberdade a través da Revolución dos Caraveis.
Será o venres 17 ás 20:30 h no Auditorio CCC de Arteixo Manuel Murguía.
As entradas costan 4 e 3€ e poden adquirirse aquí. Tamén no despacho de billetes do CCC de Arteixo Manuel Murguía o día da función de 11:30-13:30 h ou 2 h antes do seu comezo.