O quinteto Misuria protagoniza unha nova sesión da carteleira de inverno deseñada pola concellería de cultura.
O Auditorio do CCC Manuel Murguía acolle o venres 21 de febreiro un concerto desta banda que homenaxea á música tradicional norteamericana a través do blues, folk, country blues, gospel, swing e bluegrass.
As entradas estarán dispoñibles a 3 € (xeral) e 2,25 € (con desconto) aquí ou en horario de 11:30-13:30 e 2 h antes do comezo do concerto no despacho de billetes do CCC de Arteixo.
Misuria está formado por Alba Furacán, Rafa Mississippi, Nano Combo, Luís Fuca e David Washboard.