O Auditorio de Arteixo acolle o 25 de febreiro «Libre coma os paxaros», unha peza teatral para público adulto e adolescentes onde a figura protagonista é Rosalía de Castro á que da vida María Barcala.
Arteixo conmemora así o Día de Rosalía de Castro que tamén celébrase esta semana.
Libre coma os paxaros, a cargo de Teatro do Atlántico, diríxese ao público en primeira persoa compartindo as particularidades da súa propia orixe, do seu pensamento, da súa circunstancia social e dos condicionamentos que ten que superar para ser quen de exercer a creación poética e literaria.
As entradas, á venda o propio día da función de 11:30-13:30 h ou 2 h antes do seu comezo, pódense comprar ao prezo de 4 e 3 €