Finalizado o prazo de subsanación, publícase a listaxe definitiva de persoas solicitantes das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2024/2025.
O venres 23 de agosto celebrarase ás 11.00 h no Pazo dos Deportes o sorteo de prazas para as Escolas Deportivas Municipais. No caso dos grupos donde o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
A exposición pública da listaxe de persoas admitidas será a partir do 28 de agosto na páxina web municipal e no Servizo Municipal de Deportes. As persoas admitidas terán un prazo (2-13 de setembro) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo solicitar e entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do un de outubro.
Persoas solicitantes EDM 24/25 (listaxe definitiva).
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).