Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

/ Fondos Next

Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia

Fondos Next Generation EU

Para amortecer o impacto da crise provocada pola pandemia, a Unión Europea ha acordado un Plan de Recuperación, denominado Next Generation EU e dotado con 750.000 millóns de euros, que facilitará aos Estados Membros iniciar o camiño cara á saída da crise e sentará as bases para unha Europa moderna e máis sostible.

En concreto, o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia é o instrumento do Plan de Recuperación Next Generation EU que proporcionará apoio financeiro para afianzar a recuperación e evitar impactos estruturais sobre o tecido produtivo.

Next Generation EU implicará para España, aproximadamente, uns 140.000 millóns de euros en forma de transferencias e préstamos para o período 2021-2026.

Neste contexto, o Concello de Arteixo nomeou un equipo de xestión e tramitación dos fondos axustándose ás directrices emitidas pola Unión Europea sobre as entidades decisoras ou executoras dos fondos destinados ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia coa finalidade de posicionarse fronte ás oportunidades que se abren con estes fondos, establecer os proxectos prioritarios que permitan a súa captación e potenciar a súa estratexia de transformación para o municipio de Arteixo a través do financiamento que ofrece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia para os próximos anos.

Ir al contenido