A sala de exposicións do centro cívico de Arteixo acolle ata o 19 de maio unha mostra de fotografías que, segundo palabras da autora Raquel Gestal, pretende ser unha emotiva homenaxe á Muller Bailarina. Trátase dun percorrido a través de diversas danzas, vestimenta e algúns dos movementos que as caracterizan.
Na mostra plásmanse momentos de baile deportivo, baile standard, flamenco, danza kathak, tango arxentino, danza gpsy, swing-lindy hop, ballet, danza oriental, danzas mandés, danza contemporánea, ritmos latinos, danza tradicional galega, danzas urbanas ou danza polinesia, coa nosa representante local, Romina Trigo
Raquel Gestal Zas dedicou os últimos 15 anos ao baile deportivo concretamente os latinos e o standard. Esta apasionada da danza escolleu o vermello para o fondo das súas fotografías emulando o sangue que discorre polas nosas venas, sendo o color da pasión e tamén da ledicia nalgunhas culturas orientais. Escolleu dúas imaxes de cada bailarina: unha de corpo enteiro, un instante da súa danza, da actuación sen público, para elas. Outra en primeiro plano, mirando a cámara, descubríndose ante o ollo espectador, presentándose como as mulleres reais e únicas que son.