Teatro, circo, narración oral, danza ou cine son algunhas das propostas da concellería de cultura para unha nova edición do outono cultural.
A programación ábrese este venres 6 de outubro coa posta en escena de Esas cousas maravillosas a cargo de Empatía Teatro que ofrecerá o seu espectáculo ás 20.30h no auditorio do Centro Cívico de Arteixo. Tamén haberá un pase en horario escolar, ás 11.30h, para o alumnado dos IES de Sabón, Pastoriza e Manuel Murguía.