Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Dobre cita co teatro para a fin de semana

/ Dobre cita co teatro para a fin de semana

A fin de semana do 14 e 15 de abril deixa unha dobre cita co teatro en Arteixo.

O venres 14 a compañía Elefante Elegante presenta no Centro Cívico o seu espectáculo «Cubo», unha historia que a través da  figura xeométrica do cubo rememora a situación de confinamento que todos vivimos para evocar a amizade, as separacións, a necesidade de descubrir o mundo e a aventura de medrar.

Será a partir das 19.30 h e as entradas xa se poden adquirir neste enlace.

O sábado a cita é con Melandrainas que traen, para maiores de 12 anos e con invitación, «Flores de ferro». A historia, a finais dos anos oitenta, as vivencias dunha moza (Camila) que vese obrigada, por necesidades familiares, a regresar a Briana, a súa aldea materna. Unha vez alí coñecerá, da man dos seus protagonistas, a verdadeira e agochada historia da súa familia, e polo tanto, a súa propia.

 

Ir al contenido