Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Distribución provisional de Instalacións Deportivas Municipais da tempada 2021/2022

/ Distribución provisional de Instalacións Deportivas Municipais da tempada 2021/2022

O Departamento Municipal de Deportas da conta da distribución provisional de Instalacións Deportivas Municipais da tempada 2021/2022 que comprende desde o 15 de setembro de 2021 ata o 31 de maio de 2022.

As entidades ou grupos que utilizan as instalación para a competición federada deberán presentar o calendario de competición no Servizo Municipal de Deportes á maior brevidade posible. A utilización das instalacións deportivas municipais suxeitaranse ao previo pagamento do prezo público estabelecido na ordenanza fiscal número 8, reguladora da taxa por prestación do servizo público do complexo deportivo municipal de Arteixo, prestación de servizos noutras instalacións deportivas e outros servizos análogos

Prégase que si algún módulo horario concedido non vai ser utilizado, se comunique á maior brevidade posible ao Servizo Municipal de Deportes.

En cumprimento da normativa sanitaria vixente, lembramos que é obrigatorio o uso de mascarilla en todo momento, salvo excepcións indicadas nos protocolos federativos, así como o estricto cumprimento do aforo máximo das instalacións deportivas municipais, indicado no protocolo que se anexa.

En virtude da normativa sanitaria vixente, no caso da práctica da actividade física e deportiva non federada nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar en grupos de ata seis persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida.

Distribución provisional de Instalacións Deportivas Municipais

Protocolo de apertura

Ir al contenido