Prolóngase durante os meses de marzo e abril e ofrece un amplo abanico de oferta cultural para todos os públicos. A Concellería de Cultura aposta por unha nova «primavera das artes» chea de eattro, cinema, música, danza e exposicións
O cine abrirá a programación de abril, o venres día 1, coa proxección de «Los Croods 2: una nueva era», cine para disfrutar en familia. Será ás 18:30 h e a entrada será con invitación. O cine será pilar básico desta programación xa que Arteixo é sede do Ciclo Mestre Mateo e ofrecerá un ciclo de oito sesións que se desenvolverán con periodicidade mensual que xa se iniciara en marzo coa proxección de O Gran Camiño.
Toda a programación cultural de Primavera pódese consultar neste enlace