A Concellería de Deportes, Xuventue e Participación Cidadá organiza un curso de Monitor de Tempo Libre, impartido pola empresa CAMPA, Formación e Intervención Socioeducativa.
Será os días 29 de abril e o 17 de xullo de 2022 e impartirase de forma presencial no Centro sociocultural de Meicende, Tr.ª de Meicende, 132, 15008 Arteixo, A Coruña.
A fase teórica terá unha duración de 200h. O alumnado terá dereito a facer uso de 40 horas por asuntos propios: consultas médicas, viaxes, enfermidade, etc.; sen necesidade de xustificación documental. O alumnado perderá o dereito a avaliación no momento en que exceda as 40 horas de non asistencia.
A fase práctica (150h) poderase desenvolver en entidades ou asociacións de tempo libre, campamentos, colonias, albergues, campos de traballo… As prácticas desenvolveranse antes de 2 anos a contar despois de día de finalización da fase teórica. A partir dos dous anos pérdese o dereito á avaliación e tense que volver a cursar a fase teórica para obter a titulación.
Poderán apuntarse todas aquelas persoas maiores de 18 anos e que estean en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos: Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar ou outro equivalente, Técnico Auxiliar en Formación ou outro equivalente.
O prazo de matrícula permanecerá aberto desde o 11 ao 20 de abril e a inscrición, preferente para persoas empadroadas en Arteixo. Os interesados deben entregar a Folla de Inscrición e o Modelo declaración responsable dos datos presentados no Departamento de Participación Cidadá.
En caso de ser necesario realizarse sorteo público o día 22 de abril ás 9:00 h. no Pazo dos Deportes de Arteixo.
• Exposición de admitidos o día 22 de abril na páxina web municipal ww.arteixo.org
• Matrícula
A matrícula total do curso é de 100€ . O periodo de pagamento do mesmo é do 25 ao 27 de abril.
Unha vez admitido no curso deberá facer o ingreso, e terá que facernos chegar a seguinte documentación cumprimentada e asinada (pódese usar sinatura electrónica):
• Xustificante do pagamento
• Copia do título que lle dá acceso ao curso
• O curso tamén inclúe:
• Seguro de responsabilidade civil
• Material e actividades
Para máis información e/ou matrícula habilítase o teléfono 981659180 ou no Departamento de Xuventude e Participación Cidadá.