A Concellería de Cultura presenta o seu «Verán de estrelas», un programa inclúe unha ampla variedade de actividades dirixidas a todo tipo de públicos.
Música, literatura, cinema, monicreques, maxia, inchables e exposicións encherán de actividade os meses estivais entre o 28 de xuño e o 30 de setembro.
A Capela e a Praza do Balneario serán os epicentros deste programa, ofrecendo unha contorna especial e acolledora para os asistentes. A programación foi deseñada para garantir o goce e a participación de toda a comunidade, con eventos que promoven a cultura e o entretemento durante os meses estivais.
O programa completo está dispoñible neste enlace.