Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Cultura pon en marcha un obradoiro literario da man do escritor Diego Giráldez

/ Cultura pon en marcha un obradoiro literario da man do escritor Diego Giráldez

A Concellería de cultura poñerá en marcha, o próximo mes de abril,  un obradoiro literario que ten como obxevtivo axudar a todas as persoas interesadas a se iniciar no delicado oficio da escritura.

O escritor e xornalista Diego Giráldez será o encargado de coordinar esta iniciativa na que os participantes se introducirán en en conceptos como a voz literaria, o ritmo e poder narrativo, a estrutura ou a corrección ademáis de cuestións como a publicación dunha obra ou a perda ao medo de ser lido.

O obradorio é gratuito e dispón de 20 prazas, preferentemente para empadroados en Arteixo. Desenvolverase na Capela do Balneario entre o 3 de abril e o 15 de maio e o prazo de inscricións exténdese ata o 22 de marzo próximo.

As persoas interesadas deben cubrir este formulario e envialo a cultura@arteixo.org

Ir al contenido