O Concello dispón dun novo sistema de venda de entradas on-line. O sistema é unha demanda dos usuarios dos espectáculos culturais do municipio que, ata o de agora, tiñan que se desprazar ata a billeteira do centro cívico para adquirir as súas entradas para o teatro ou concertos.
Esta plataforma , que xa está dispoñible, estréase esta semana coa función de teatro As que limpan, que pon en escea a compañía A Panadería o próximo venres ás 20.30h.
A programación cultural da semana complétase cunha nova proxección do Ciclo Mestre Mateo o xoves ás 20h. Trátase da película Jacinto, dirixida por Javi Camino e producida por Vizuals Lab, que obtivo 11 nominacións aos Premios Mestre Mateo. A recollida de invitacións para asistir: 1 h antes do seu comezo na billeteira do CCC de Arteixo.
O sábado chega a música co concerto que celebra 20 anos de vida da banda de rock local 7 Puertas. A recollida de invitacións para asistir: 1 h antes do seu comezo na billeteira do CCC de Arteixo.