Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Cultura fai públicas as bases dos concursos de entroido 2023

/ Cultura fai públicas as bases dos concursos de entroido 2023

A Concellaría de Cultura fai públicas as bases dos Concursos Infantil e de Carrozas, Comparsas e Disfraces de Adultos do Entroido 2023.

O Concurso Infantil celebrarase este ano no Pavillón polideportivo de Ponte dos Brozos o sábado 18 de febreiro ás 17:00 h e o Concurso de Carrozas, Comparsas e Disfraces de Adultos será, como ven sendo habitual o martes de Entroido, o 21 de febreiro.

O desfile discorrerá unicamente pola Avenida Fisterra. Comezará ás 17:30 h e rematará no campo da festa onde cada participante subirá ao escenario para entretemento do público arteixán.

Bases e instrucións para participar en cada unha das modalidades:

CARROZAS ADULTOS

COMPARSAS ADULTOS

DISFRACES ADULTOS

CONCURSO INFANTIL

O Concello de Arteixo repartirá un total de 8.770 en premios distribuídos en 640 € para o Concurso Infantil e 5.330 € para o Concurso de Adultos aos que habería que sumar 10 accésits de 100 € e 10 de 150 € por participación nas modalidades de comparsa e carroza respectivamente.

Inscricións

As persoas interesadas en participar teñen de prazo para efectuar a súa inscrición até o martes 14 de febreiro ben por sede electrónica ou en horario de 9:00 a 14:00 h nas oficinas do Servizo Municipal de Cultura situado no Centro Cívico Cultural de Arteixo. No caso do Concurso Infantil e da modalidade de disfraces de adultos poderá ampliarse o prazo até o mesmo día da súa celebración.

 

Ir al contenido