Anöa contémplase como un ritual que ten a vontade de mostrar a máscara que nos impoñemos, a vulnerabilidade de cinco corpos en movemento que anhelan chegar ao clímax. Un espectáculo de danza pensado como un acto de insistencia e resistencia, unha acumulación de enerxía sensual, movemento e voz para lograr unha liberación catártica.
Chega ao Centro Cívico Manuel Murguía baixo a dirección da súa autora, Elvi Balboa, este venres ás 20.30h.
As entradas, a 3 e 4€, pódense adquirir neste enlace.