A Concellaría de Cultura súmase áCelebración do Día Internacional da Muller o próximo 8 de marzo coa programación de «Las Cotton«, un espectáculo de monicreques da man da compañía vasca Anita Maravillas & Portal 71, inspirado nas loitas obreiras das mulleres do textil de principios do século XX
Un imaxinario visual creado por Miren Larrea a través da mirada dunha familia en plena revolución industrial, que fala sobre a chegada da industrialización, do éxodo ás cidades, a dureza da fábrica… pero tamén fala sobre o exemplo daquelas mulleres, que entenderon que só xuntas poderían conseguir unhas vidas dignas.
Unha vez máis, o teatro de monicreques permite crear un imaxinario, unha estética e uns códigos que nos/nos axudan a explicar conceptos “adultos” ao público máis pequeno.
Será no Auditorio de Arteixo ás 18:30 h.
Entradas á venda aquí