Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Cultura busca figurantes para as cabalgatas de Reis

/ Cultura busca figurantes para as cabalgatas de Reis

O ano novo traerá de volta, sempre que as autoridades sanitarias o permitan, as tradicionais cabalgatas de reis.

O próximo 5 de xaneiro, un gran séquito composto de diversos personaxes acompañará ás Súas Maxestades no seu percorrido polas principais rúas do casco urbano de Arteixo. O percorrido iniciarase ás 18:00 h e discorrerá polo centro de Arteixo para rematar ás 19:00 h no Pazo dos Deportes.

As persoas interesadas en participar neste evento como figurantes, poden inscribirse ata o próximo 23 de decembro. Deben de ser, preferiblemente, maiores de idade. Os menores, deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable.

As inscricións realizaranse en horario de 9:00 a 14:00 h nas oficinas do servizo de Cultura, ou mandando un e-mail a cultura@arteixo.org.

Podes descarregar  aquí a ficha de inscrición

As persoas inscritas serán convocadas para unha proba de vestiario o 28 de decembro en horario de 11:00 a 15:00 ou o 29 de decembro de 16:00 a 20:00 h no Centro Cívico Cultural de Arteixo. Ese día recibirán as instrucións pertinentes para o día do desfile.

Ir al contenido