Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Cristina Naya, de Vilarrodís, matemática e científica é muller do ano en Arteixo

/ Cristina Naya, de Vilarrodís, matemática e científica é muller do ano en Arteixo

/ Cristina Naya, de Vilarrodís, matemática e científica é muller do ano en Arteixo

O concello de Arteixo nomea Muller de Arteixo 2024 a Cristina Naya, unha destacada docente e investigadora na área de Didáctica da Matemática
da Universidade da Coruña.

O acto de recoñocemento terá lugar o próximo xoves 21 de marzo no auditorio do Centro Tecnolóxico de Arteixo a partir das 17.00 horas onde terá lugar tamén unha mesa redonda con diversos especialistas.

Adxuntamos unha pequena biografía da premiada:
“Nada e afincada en Vilarrodís (Arteixo) con raíces de Oseiro e Barrañán. Realizou os seus estudos básicos no CEIP de Galán e no IES Manuel Murguía.

Dende sempre tivo moi claro a súa dedicación, ensinante de Matemáticas, polo que aos 18 anos múdase a Santiago de Compostela a realizar os seus estudos de Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela.

Tamén realizou o seu doutoramento, formación que permitiu conseguir o seu posto de traballo actual como persoa docente da área de Didáctica da
Matemática da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Goza formando a futuros docentes tanto de Educación Primaria como
de Educación Secundaria Obrigatoria, axudándolles a coñecer materiais manipulativos e recursos para mellorar a educación matemática. Ao mesmo
tempo investiga para seguir mellorando a educación e a formación en matemáticas, e estuda tamén as diferentes aplicacións das matemáticas no
mundo que nos rodea.

Por exemplo, como as matemáticas poden axudar a modelar o comportamento de materiais termoviscoelásticos como o aceiro ou formigón a altas temperaturas.

Forma parte de AGAPEMA (Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas) colaborando en accións para fomentar o gusto e a divulgación das matemáticas. É membro do grupo de investigación Innovación en Ensino das Ciencias e das Matemáticas da Universidade da Coruña, participando enproxectos relacionados coa innovación no ensino das Matemáticas, contribucións en revistas especializadas, congresos e seminarios. Coordinou o grupo de calculadoras de Educación Primaria e Infantil da FESPM (Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas) en colaboración coa División Educativa CASIO, e participa no proxecto MATESGG da FESPM en colaboración co Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) do Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes e o Centro Internacional de Encontros Matemáticos (CIEM) coordinando o grupo de Educación Primaria e Infantil.

É responsable da sección «Si ás calculadoras» da Revista SUMA e forma parte da Comisión de Educación da CEMat (Comité Español de Matemáticas) representando á FESPM. Coordinou nestes últimos cinco anos a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da universidade conseguindo a súa acreditación da Red UCCC+I (Unidades de Cultura Científica y de la Innovación) da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, e actualmente é membro do equipo reitoral da Universidade da Coruña ocupando a titularidade da Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte.

En xeral, considera que é unha persoa moi afortunada por lograr un soño infantil, xa que desde nena tiña moi claro que quería ser profesora de
matemáticas, e loita por unha educación pública, igualitaria, inclusiva, equitativa e de calidade en prol de oportunidades de aprendizaxe durante toda
a vida para todas as persoas.”

Ir al contenido