Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Cine e teatro afeccionado as primeiras citas culturais da primavera

/ Cine e teatro afeccionado as primeiras citas culturais da primavera

O teatro afeccionado protagoniza a primeira das citas culturais da primavera 2022.

O auditorio de Arteixo acolle o venres 25 ás 20.30h a representación da obra de Gustavo Pernas “O Galego, A Mulata e o Negro” que pon sobre o escenario a compañía «Cardume Teatro».

Trátase dunha reconstrucción, en tono de comedia, do noso pasado galaico-caribeño representado en cinco actos onde diversos galegos, mulatas e negros dan vida a quince personaxes que se desenvolven e transforman segundo van transcurrindo os cambios políticos e sociais en Cuba dende 1886 ata o 1990. Escravos africanos, emigrantes e mulatas que amosan coas súas andanzas unha panorámica historia en clave de humor.

O cine tamén forma parte desta primeira cita primaveral merced ao Ciclo Mestre Mateo no que Arteixo participará xunto con outros tres concellos galegos. Trátase dunha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual en colaboración coa Deputación da Coruña, entre outros organismos oficiais. Unha proposta piloto que durante 2022 proxectará 8 filmes: os 4 filmes finalistas da categoría de mellor película do ano e os 4 documentais finalistas da categoría mellor documental do ano.

O sábado 26 ás 20:00 h, a primeira proxección será «O gran camiño», un documental narrado en primeira persoa por Alba e Raúl, dous cineastas que deciden cargar as cámaras nas súas mochilas para emprender unha aventura de miles de quilómetros polas grandes rutas a pé do mundo.

O Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o misterioso Camiño Inca a Machu Picchu, a ancestral ruta do Kumano Kodo entre grandes templos xaponeses, ou o europeo Camiño de Santiago, non son máis que unha excusa para unha viaxe máis profunda ao encontro da xente dos camiños, cos que se tratan temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio pola familia, os conflictos sociais, a espiritualidade, o cuidado do noso planeta, a conexión coa Pachamama, ou o regreso a un mesmo.

Ir al contenido