Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Cidadanía > Oficina Virtual Tributaria

/ Oficina Virtual Tributaria

OVT

A Oficina Virtual Tributaria, que irá medrando co tempo, é o novo sistema de información e xestión para a cidadanía para se converter no punto de acceso común a todos os servizos tributarios fornecidos polo Concello de Arteixo.

Trátase de ofrecer un xeito de operar integrado para o cidadán.

O obxectivo principal co que aparece a Oficina Virtual Tributaria é que a persoa usuaria poida, en calquera momento e/ou dende calquera dispositivo, acceder e interactuar cos servizos públicos do Concello de Arteixo.

 O Concello de Arteixo pretende que cada tipoloxía de usuario poida atopar, o máis axilmente posible, aquel trámite que necesita ou demanda.

A Oficina Virtual Tributaria do Concello de Arteixo permite, de momento, consultar as ordenanzas fiscais e realizar os pagos das taxas, impostos e prezos públicos do Concello:

O sistema permite pagar todo tipo de recibos, liquidacións e autoliquidacións, tanto en período voluntario como en período executivo.

As Ordenanzas Fiscais Son as normas municipais que regulan os impostos do Concello e as taxas dos servizos que presta. As ordenanzas e as súas tarifas modifícanse todos os anos. Nesta sección pódense consultar as ordenanzas vixentes para o presente ano, que vostede pode descargar en formato PDF.

Ir al contenido