«Capturando a natureza» é unha viaxe visual fascinante polas paisaxes máis fermosas de Galicia e o norte da Península. Trátase do traballo fotográfico de Álvaro Lamas convertido en exposición que chega á Sala de Exposicións do Centro Cultural Manuel Murguía o venres 13 de xuño ás 18.30h
Álvaro Lamas, a través do seu proxecto Lost in Woodlands Photography, preséntanos unha visión única e persoal de Ferrolterra, Ortegal, a Mariña Lucense, Asturias, Cantabria e Navarra. Unha auténtica marabilla para os sentidos!
A cita incluirá un faladoiro e visita guiada polo propio autor. Non perdas a oportunidade de conversar con el e descubrir os segredos detrás destas incribles imaxes.
A exposición estará dispoñible do 9 de xuño ao 4 de xullo.