Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Bolsas para deportistas en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2025

/ Bolsas para deportistas en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2025

O BOP do día de hoxe, publica a CONVOCATORIA AO ABEIRO DAS BASES PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA O ANO 2025

Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións Deportistas arteixáns dos deportes de carácter individual que acreditando unha calidade inicial e unha especial dedicación á actividade deportiva, auguran unha proxección futura para o deporte de alta competición. As persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Persoas empadroadas no Concello de Arteixo, cunha antigüidade mínima de dous anos consecutivos, no momento da solicitude.
  • Deportistas de deportes individuais que destaquen por resultados en competicións oficiais de ámbito autonómico, nacional ou internacional nas dúas tempadas anteriores á actual, excepto, competicións máster ou similar, xa que son categorías que están excluídas nestas bolsas.
  • Deportistas en posesión da licenza de federado expedida ou tramitada pola correspondente federación deportiva (non se valorarán as licenzas máster ou similar).
  • Deportistas entre os 12-30 anos cumpridos ou a cumprir no ano da convocatoria (ambos incluídos).
  • Competir, na tempada da solicitude, en eventos/probas deportivas de relevancia autonómica, nacional ou internacional organizados ou recoñecidos polas respectivas federacións.
  • Acreditar nivel deportivo na especialidade, nas dúas tempadas anteriores á actual, ser medallista en campionatos nacionais ou internacionais da especialidade deportiva.
  • Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para obter a condición de beneficiario da axuda (artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).
  • Quedan expresamente excluídas desta convocatoria:
    • Todos os deportistas practicantes de modalidades colectivas (fútbol, baloncesto, balonmán, rugby, hockei… ) e de deportes autóctonos.
    • Deportistas que estean cumprindo sanción firme por infracción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva, cualificada como grave ou moi grave.
O prazo para presentar as solicitudes será de DEZ DIAS HÁBILES, contado dende o seguinte ao da publicación oficial do texto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Polo tanto, a data límite para a presentación da documentación de solicitude remata o 22 de maio de 2025.

 

Ir al contenido