Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Axudas ao estudo para familias con descendentes escolarizados nos niveis obrigatorio ou non obrigatorio en centros sostidos con fondos públicos convocadas pola concellaría de igualdade, servizos sociais, sanidade e educación curso 2024/2025

/ Axudas ao estudo para familias con descendentes escolarizados nos niveis obrigatorio ou non obrigatorio en centros sostidos con fondos públicos convocadas pola concellaría de igualdade, servizos sociais, sanidade e educación curso 2024/2025

LIÑA 1 – AXUDAS PARA COMEDOR ESCOLAR
Procédese á apertura de prazo para presentación de solicitudes para o curso 2024/2025

  • Prazo de solicitude: do 23 de agosto ao 2 de setembro 2024
  • Documentación a presentar:

De ser o caso, deberase entregar a seguinte documentación nas seguintes situacións familiares:

  • Para acreditar horario de conciliación familiar: certificación da empresa onde se especifique dito horario.
  • Copia de sentenzas e convenios reguladores aprobados xudicialmente cando proceda.
  • Fotocopia da comunicación de concesión de prestación de desemprego, se é o caso.
  • Certificado de monoparentalidade.
  • Título de familia numerosa.
  • Certificado de discapacidade do/a menor (igual ou superior ao 33%).
  • Servizos de comedor diferentes aos dos centros públicos do termo municipal:
    • Certificado de matrícula.
    • Acreditación da dispoñibilidade de praza de comedor.
    • Presuposto emitido pola entidade prestadora do servizo de comedor.
    • Compromiso da entidade prestadora do servizo de adhesión ao sistema de pago previsto nas bases reguladoras.

Pode consultar neste enlace a información completa da convocatoria.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:

  • Na sede electrónica (www.arteixo.org)
  • Presencial:
    • No departamento de Educación en horario de 9:00 a 14:00 h.
    • Noutros rexistros municipais segundo sistema establecido en cada un.
Ir al contenido