O Concello ven de dar o visto bo á concesión de subvencións para programas de igualdade e loita contra a violencia de xénero dirixidas a entidades. Serán un total de 6814 € distribuidos entre as oito entidades solicitantes.
Consulte neste enlace o importe da concesión.
En cumprimento do artigo 9 das bases da convocatoria, publícase o acordo na páxina web e no taboleiro de anuncios do concello.
As entidades beneficiarias teñen de prazo ata o día 30 de novembro de 2021 para presentar a correspondente xustificación das contías nos termos previstos no artigo 13 das Bases reguladoras.