As Súas Maxestades os Reis Magos xa veñen camiño de Arteixo.
As comitivas reais comezan hoxe o seu percorrido. Sairán ás 17h de Barrañán e Suevos e percorrerán, ata o día 4 de xaneiro, todas e cada unha das parroquias. Teñen previsto chegar a Arteixo o día 5 cando será a gran cabalgata. Sairá ás 18h dende a Avenida Baldomero González e a recepción terá lugar ás 19.30h no Pazo dos Deportes.