Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Search
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > As festas do Apóstolo contarán cun punto violeta de concienciación e información sobre a violencia machista

/ As festas do Apóstolo contarán cun punto violeta de concienciación e información sobre a violencia machista

Recursos contra a violencia machista nas Fetas 2022. O CIM habilita o seu punto violeta que estará situado no recinto da festa, detrás da oficina de turismo os días22, 24, 26 e 27 de xullo a partir das 23.00h.
Trátase dun unto de información e sensibilización sobre violencia de xénero co que se pretende acilitar información á poboación xeral e tamén dar acollida, apoio, orientación e derivación para as persoas que sufrisen calquera tipo de violencia sexista ou motivada por razón de xénero.
Hoxe dende ás 22.00 contará cun photocall no que as persoas que se acheguen poderán sacarse unas fotos en formato tira e levalas no momento.
 
Ademais no punto violeta desenvolveranse diferentes dinámicas coas que poderás conseguir diferentes agasallos. O obxectivo é facilitar información e sensibilizar sobre a prevención da violencia de xénero, así como atender posibles situacións de agresións sexuais acollendo ás vítimas e, no seu caso, aos seus acompañantes e facilitar a súa toma de decisión e/ou derivar aos servizos oportunos (garda psicolóxica, social e legal), Corpos e Forzas de Seguridade e os servizos sanitarios se fose necesario.
O técnicos asistentes do punto repartirán material divulgativo, así como camisetas e packs de preservativos co lema da campaña. Para conseguilos é necesario achegarse ó punto e participar nas dinámicas que desenvolverán ás técnicas alí presentes.
Ir al contenido