Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > As bibliotecas do concello celebran a «Semana de Rosalía»

/ As bibliotecas do concello celebran a «Semana de Rosalía»

A concelería de cultura e as bibliotecas do concello celebran, do 17 ao 23 de febreiro, a Semana de Rosalía, unha das voces máis importantes da literatura galega e universal

Durante toda a semana, haberá actividades e materiais especiais que permitirán a socios e visitantes afondar na súa vida e obra, e descubrir o seu legado e impacto na cultura galega.

Haberá unha exposición de libros e paneis informativos quepermitirá comprender mellor a traxectoria e influencias da autora. Ademais, cada día as redes sociais da biblioteca un poema ou unha estrofa da escritora, para convidar a reflexionar sobre as palabras e a riqueza da nosa lingua.

O punto culminante da semana chegará o sábado 22 de febreiro, cando se celebra o Certame Literario en honra de Rosalía de Castro, un evento no que as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de primaria darán voz á inspiración rosaliá. Este certame busca fomentar a creatividade e a paixón pola literatura entre a rapazada.

Ir al contenido