Realidade virtual, touro mecánico, videocreación, artesanía ou música DJ. A Concellería de Cultura propón unha ponte de decembro chea de actividade para a mocidade de 12 a 30 anos.
O próximo 7 de decembro a pista polideportiva do campo da festa acolle unha nova sesión de Arteixoven entre as 19h e a 1 da madrugada. A entrada é libre aínda que para participar nas actividades será necesario inscribirse previamente. Os interesados poden anotarse escaneando o código QR que aparece no cartel da actividade.