Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo programa unha «Noite irisada» pola diversidade sexual

/ Arteixo programa unha «Noite irisada» pola diversidade sexual

/ Arteixo programa unha «Noite irisada» pola diversidade sexual

A Noite Irisada é unha película documental que recolle a historia dunha loita que non está exenta de represión e tamén de movemento liberador coa data de referencia do 28 de xuño de 1981 en que se desenvolve en Vigo a primeira manifestación do Día do Orgullo organizada polo movemento galego.  É o único documental sobre esta temática realizada na historia audiovisual galega.

Con motivo do 28 de xuño, Día da diversidade sexual, o concello de Arteixo programa a proxección desta película co patrocinio da Deputación da Coruña. Será o 21 de xuño ás 17 horas no Auditorio do Centro Tecnolóxico de Arteixo.

Na película vemos a loita polos dereitos das persoas con diversas orientacións sexuais con testemuñas das protagonistas. Este é o único documental sobre esta temática realizada na historia audiovisual galega:
Nanina Santos, Carlos Callón, Maximino Queizán, Marta Álvarez Quintero, Ignacio Iglesias Villar, Xiana Pérez, Braulio Vilariño»Lalo», Eli Pérez, Xabier Maañón, xunto á poeta Lucía Aldao ou a estudosa Mariam Mariño protagonizan o documental «Noite Irisada».

Nanina Santos estará presente na tertulia posterior á proxección.

 

 

 

 

Ir al contenido