Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo prepara un entroido con cerca de 11.000 euros en premios

/ Arteixo prepara un entroido con cerca de 11.000 euros en premios

A Concellaría de Cultura fai públicas as bases dos Concursos Infantil e de Carrozas, Comparsas e Disfraces de Adultos do Entroido 2025.

O Concello de Arteixo repartirá un total de 10.770  en premios distribuídos en 1.310 € para o Concurso Infantil e 6.960 € para o Concurso de Adultos aos que habería que sumar 10 accésits de 100 € e 10 de 150 € por participación nas modalidades de comparsa e carroza respectivamente.

As persoas interesadas en participar teñen de prazo para efectuar a súa inscrición até o xoves 27 de febreiro ben por sede electrónica ou en horario de 9:00 a 14:00 h nas oficinas do Servizo Municipal de Cultura situado no Centro Cívico Cultural de Arteixo. No caso do Concurso Infantil e da modalidade de disfraces de adultos poderá ampliarse o prazo até o mesmo día da súa celebración.

Concurso Infantil celebrarase este ano no Campo da Festa o luns 3 de marzo ás 17:30 h e o Concurso de Carrozas, Comparsas e Disfraces de Adultos será, como ven sendo habitual o martes de Entroido, o 4 de marzo.

O desfile comezará ás 17:30 h e rematará no campo da festa onde cada participante subirá ao escenario para entretemento do público arteixán.

Bases e inscricións concurso de disfraces adultos

Bases e inscricións concurso de carrozas adultos

Bases e inscricións comparsas adultos

Bases e inscricións concurso infantil

Ir al contenido