Volve o Ciclo Mestre Mateo.
O Centro Cívico de Arteixo acolle esta tarde a proxección inaugural do Ciclo Mestre Mateo na provincia de A Coruña. Trátase da longametraxe de animación «Valentina».
O filme, dirixido por Chelo Loureiro, foi finalista na categoría de Mellor longametraxe de animación nos XXI Premios Mestre Mateo e resultou galardoado na mesma categoría dos Premios Goya en 2022.
A proxección será ás 20.30h. Pódese acceder con invitación dispoñibles na taquilla virtual do concello ou unha hora antes do comezo da sesión na billeteira do Centro Cívico e Cultural.