O Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía acolleu a tarde do sábado a gala de entrega dos Premios amArte 2025, que recoñeceron o talento e compromiso das compañías participantes no I Certame de Teatro Amador do Concello de Arteixo.
O xurado, designado pola Concellaría de Cultura e formado por Mariola Cerdeiro Castro, Manuela Varela Quintas e Javier Ramilo Graña, destacou o elevado nivel artístico amosado nas representacións e decidiu outorgar os seguintes galardóns:
Premio amArte 2025 ao Mellor Espectáculo para o Xurado
- Obra: De marzo a marzo
- Compañía: Opaí Teatro Canido SRD (Ferrol)
- Puntuación: 253 puntos (sobre 300)
- Dotación económica: 500 €
Premio amArte 2025 ao Mellor Espectáculo para o Público
- Obra: O parvo
- Compañía: Grupo de Teatro Badius (Zas)
- Media de puntuación do público: 4,89 sobre 5
- Dotación económica: 500 €
Ademais, outorgáronse os Premios de Participación, dotados con 400 € para cada unha das compañías seleccionadas:
- Opaí Teatro Canido SRD (Ferrol)
- Obradoiro de Teatro da Asociación Sociocultural Muíño do Vento (Ferrol)
- Grupo de Teatro Badius (Zas)
- AC Cambre Theatro Amador “CamTheAm” (Cambre)
- AC Celeuma “Imaxina-T” (Narón)
A Concellaría de Cultura amosou a súa satisfacción pola excelente acollida desta primeira edición e felicitou a todas as compañías polo seu traballo, dedicación e entrega, que contribúen a dinamizar e promover o teatro amador na comarca.